Adiviñas

1-
En min morren os ríos,
e por min os barcos van,
moi curto é o meu nome,
tres letras ten, nada máis.

Solución

2-
Está na billa, 
está no mar,
cae do ceu
e o ceu vai.

Solución

3-
Dende o día en que nacín,
corro e corro sen cesar,
corro de noite e de día,
ata chegar ao mar.

Solución



4-
É longo como un camiño,
e vai fozando coma un porquiño.
Que é?

Solución

4-
É longo como un camiño,
e vai fozando coma un porquiño.
Que é?

Solución

5-
Nacín nun gran pedregal,
corro entre vales e cidades,
e desemboco en Portugal.

Solución

6-
Da terra vou ao ceo,
e do ceu hei volver,
son a alma dos campos
que os fago florecer.

Solución

7-
En min morren os ríos,
e por min os barcos van,
moi breve é o meu nome,
tres letras ten, non máis.

Solución

8-
Quen será o que pasa entre os meus ollos,
se non son máis ca unha ponte e non a collo.

Solución


9-
Dende o día que nacín
corro e corro sen parar,
corro de noite e de día,
para ó mar chegar.

Solución
10-
Kilómetros mido 
hectolitros levo, 
kilovatios dou, 
hectáreas levo.
Solución

11-
Na ventana son dama, 
no balcón son señora, 
na mesa cortesana 
e no campo labradora.
 Solución

12-
Un fato de señoras, 
que cando mexa unha 
mexan todas.
Solución

13-
Unha saba branca sen algodón 
que cobre a terra toda 
e ao río non. 
  Solución





Ningún comentario:

Publicar un comentario