Entroido

Este ano fixemos que o noso entroido xirase en torno ao tema da auga. Antes do día do desfile, o noso meco deste ano, que non podía ser máis que unha pinga de auga, deu ordes durante a semana.



 O luns díxonos:
Se non te queres mollar,
a túa cabeza terás que tapar.
  O martes:
Se chuvia queres parecer,
unha nube na cara deberás traer.
  O mércores:
Se da chuvia te queres protexer,
un chuvasqueiro con plástico debes traer

 Tamén tivemos Certame Gastronómico, pedimos colaboración as familias e aqueles que puideron trouxeron unha sobremesa para degustar despois do desfile.
Marcapáxinas que levaron os participantes

Marcapáxinas que levaron os participantes

Pinga para identificaras sobremesas

Modelo para sinalizar na mesa exposición as sobremesas de cada curso



Estes foron os disfraces que se puideron ver no noso desfile:
  • 1º e 2º Curso foron de medusas
  • 3º Curso de peixes
  • 4º curso de preparados para a choiva
  • 5º Curso de ciclo da auga
  • 6º Curso de buzos
  • Os Especialistas de percebes e estrelas de mar
Peixes

Percebes

Buzos

Medusas

O Ciclo da Auga

Estrelas de mar

Preparados para a choiva







Ningún comentario:

Publicar un comentario