Poemas e cantigas

Auga azul, 
auga morada,
e na miña mente
a túa doce mirada.
...............................

Na ría de Vigo non se pode entrar
con tanto peixiño que vai cara o mar,
que vai cara o mar, entrar e salir,
a ría de Vigo non se pode ir.

................................

Si chove deixa chover, 
si orballa deixa orballar, 
eu ben sei dun abriguiño 
onde me hei de abrigar
  ................................


Á fonte vou por auga, 

a horta por verduras 
e ao xardín dos meus amores 
por ver a túa fermosura.
  ................................
 
Dende o meu río da alegría 
Contemplo o decorrer de cada hora 
E a sucesión da noite e máis da aurora,
De tarde, da mañá da meridía 
Darío Xoán Cabana
  ................................

Adios ríos, adiós fontes, 
adiós regatos pequenos, 
adiós vista dos meus ollos, 
non sei cando nos veremos. 
Rosalía de Castro
  ................................

Non te cases cun Ferreiro
que é moi malo de lavar, 
cásate cun mariñeiro, 
que ven lavadiño do mar

  ................................
 
O paraugas do Xosé 
é un paraugas moi maliño, 
se lle caen catro gotas, 
xa se pon moi molladiño,….


  ................................

O rio cando vai cheo 
leva castañas e follas, 
tamén podía levar 
as linguas marmuradoras.


  ................................

Ningún comentario:

Publicar un comentario