Verbas de auga

Verbas e expresións recollidas polos nenos e nenas do CEP Pedro Caselles, todas elas relacionadas coa auga.



VERBAS DE AUGA E O TEMPO

Borraxeira, cegoña, borraxoia, neblina son sinónimos de néboa.

Chuviscar Cando empeza a chover.

Barruzo Chuvia con moita néboa.

Babuña, babuxa, barbaña, barrallo, boubizar, breca, chuviñada, chuviñeira, lapiñeira, patiñeira, poallada, poallo, salseiro, zarapallada, zarzallo, froallo, lapiñeira, orballeira, parruma, mormazada, patumeira, parrumada son sinónimos de orballo.

Arroiada, cebrina, cifra, ciobra, treixada,  xistra son sinónimos de chuvia forte.

Ballón, bátega, bategada, bataghada, bataghón, chaparrón, chaparrada,  trebón son sinónimos de chuvia forte pero breve.

Torbón, torboada, tronada son sinónimos de tormenta con raios e tronos.

Saraiba, pedraza son sinónimos de graínzo.

Carazo son sinónimos de xiada.

Amizar, delampar, escambrar, estear, estiñar, estrelampar, escampar son sinónimos para cando remata a chuvia.




VERBAS DE AUGA

Abanqueiro Chorro de auga que cae no salto dun río.
Aceñas Fábricas que traballan co movemento da auga.
Aloada ou alocada Auga con moito lodo.
Ambas Auga en galego antiguo.
Arronchales Lugares con árbores que con frecuncia están cubertos de auga .
Atol Abertura que se fai no rego principal que rega unha leira para levar a auga a unha determinada zona.
Atoleiro, bregho, lagoa, charco Porción de auga cercada por terra.
Balde Recipiente, en forma de cono truncado ou de cilindro, cunha asa ou dúas, de madeira, metal, plástico etc., que se emprega para transportar e conter auga.
Batán Máquina que transformaba os texidos abertos en outros máis tupidos aproveitando a forza da auga.
Bebidoiro, bebedouro ou bibidouro Rego pequeno e sen profundidade para dirixir unha parte da auga hacia as zonas que non chegan.
Braña Lugar onde paran as augas. Pantano .
Burbullas Aire pechado por auga ou aire que pasa a través da auga.
Calexón Caída da auga desde diferente altura.
Catarata, pincheira, seimeira, breixa, cachón  Fervenza.
Caneiros Canles dos ríos que desvían a auga para os muíños. Buratos que fan os ratos nos regos e polos que escapa a auga.
Embarrelada Adxectivo para definir a auga cando vai negra por levar disolta terra ou barro.
Enchoupar Empapada, chea de auga.
Esteiro Nome que se lle da aos ríos nalgunhas zonas, normalmente perto da desembocadura e que se ve afectada polas mareas .
Estiñar CSecarse o nacente dunha fonte.
Ficheira Nacente dunha fonte que sae dunha parede.
Fichote Saída controlada dun pozo.
Ghrueira Burato nun muro ou calquera outro obstáculo que permitía a saída da auga, desauguadoiro.
Inxeños Mazadoiros de liño que traballaban coa forza da auga.
Inxurreiros Pequenos regos que se fan nos camiños para mandar a auga as cunetas.
Lameiro Prado pequeno e húmido que está nun punto baixo nas marxes dun río.
Laño Saída da auga dunha fonte a través da pedra.
Ler Mar ou costa .
Levada ou lovada Canalización para desviar a auga dos ríos hacia os muíños ou hacia as leiras.
Madre, ceña Presa feita no río que sirve para despois desviar a auga hacia as levadas.
Mestas Cando se xunta un río pequeno cun grande.
Mina Fonte de auga na que o manancial ou nacedoiro está nunha cova que entra pola terra adentro.
Molladura Acción e resultado de mollar ou mollarse.
Nacente Lugar onde nace a auga.
Pasales Estreitamentos nos cauces dos ríos.
Patiñeira Son que se escoita ao camiñar entre charcos.
Pesqueiras Muro artificial que entra no río e frea a auga e que se usa para pescar lamprea e outros peixes.
Piago Zona do río embalsada por unha presa de muíño.
Pichela, xarra Xerra
Pingueira Gota.
Chafurdar Xogar coa auga salpicando ou pisoteándoa .
Pondrella,  pontella, poldrado Pedras que se puñan nos regatos e ríos para poder cruzalos .
Porrón Recipiente de barro empregado para conservar a auga fresca, de ventre amplo e cunha asa na parte superior, unha boca para enchelo e unha biquela para beber. .
Rairo Forza da auga que entra polo rego. Rego de auga.
Redoma Recipiente onde se collía a auga.
Rodicio Peza do muíño semellante a unha nora, que xira ao recibir a auga da cal, pondo en movemento o muíño.
Táboa Zona do río con corriente suave e pouca profundidade.
Tarabela Peza do muíño de diferentes formas, que se move  e axita a quenlla para que caia o gran no ollo do muíño.
Trebello Muíño de auga.
Trillos Canles varias dun río que forman pequenas illas.
Xateira O que fai xirar o muíño cando está o cubo cheo de auga.
Xerro Recipiente pequeno e cilíndrico con asa para beber ou trasegar auga.
Xiro ou xirio Orde en que cada leira dispoñía auga para regar.

MOVEMENTOS DA AUGA
Acachoar Cando a auga cae en fervenza .
Arrebitar Cando a auga sae con presión .
Baldrucar Cando a auga vai nun recipiente e por movementos bruscos sae fóra.
Peza do muíño semellante a unha nora, que xira ao recibir a auga da cal, pondo en movemento a moa.
Burdar Cando a auga sae por fora ao estar o seu recipiente cheo .
Chafurdar Xogar coa auga salpicando ou pisoteándoa .
Ghurghullar Cando a auga nace do chan facendo burbullas.
Redemuño, rodomuño Movemento rápido en forma de espiral dunha masa de auga.
Zorreghar, zorregar, ciplinar cando a chuvia ven en horizontal pola forza do vento .



PLANTAS DE AUGA
Berro Planta de auga comestible
Carriza Musgo que nace en lugares húmidos.
Lavaza Planta de auga doce, moi fercuente nos regatos, formada por pequenas folliñas ovaladas que flotan na superficie . 
Panasco Leira moi húmida na que se obtén herba para o gando de forma continua sen semeala.
Salgueiro Árbore que medra en lugares con moita auga.
Xunco Planta que nace ao lado da auga.




Ningún comentario:

Publicar un comentario