O sabor da aventura está no mar

Se falamos de auga, temos que falar do mar, do noso mar que tanta riqueza trae a Galicia. Por iso non dubidamos en apuntarnos ao proxecto "O sabor da aventura está no mar".
Podedes ver tódalas fotos premendo AQUÍ.


Primeiro visitaron o noso colexio unha cociñeira, un pescador e un mariscador que nos presentaron personaxes moi interesantes e nos contaron unha historia acerca do importante que é comer peixe para estar moi sans. 









Despois aos nenos e nenas de 3º, 4º e 6º leváronos de visita ao porto de Vigo e alí viron cousas moi interesantes. Tamén foron ao museo de mar e degustaron riquísimas comidas feitas con produtos do mar.









E rematamos esta aventura cunha visita dun gardacostas que viña perseguindo a un furtivo. No remate démolo convencido entre todos de que abandoara a pesca furtiva.






Ningún comentario:

Publicar un comentario