Refráns


Pan de panadeiro e auga de regato, incha a barriga e estira o espiñazo.

Auga ó mediodía, auga para todo o día. 

 Cando o río sona, e que auga leva.

Nunca chove a gusto de todos.

En abril, augas mil.

Á auga de correr e ós cans de ladrar, non privar.

A auga todo lava,... menos a mala fada.

Auga corrente non mata á xente.

Auga corrente non mata á xente, auga encorada tena matada. 

Auga de xaneiro, cada gota val diñeiro.

Auga fría e pan quente, nunca fixeron ó home valente.

Cando do leste chove, ata as pedras move.

Cando por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.

 Neva no Miño, a auga ven de camiño.

Ao lado do río non merques caserío.

Ao río revolto ganancia de pescadores

Auga pasada non move muíño.


Nunca choveu que non escampase.

Se no toxal hai auga no marzal, as fontes teranas ata o otoñal 


A auga de abril enche o carro e o carril.

A auga en outono mata ao seu dono .

Se no toxal hai auga no marzal, as fontes teranas ata o otoñal.


A auga de treboada, nuns sitios moito e noutros nada.

Auga corredía todo o mal desvía.

Cando os regatos teñen chea, nunca limpa a auga levan. 

Ceo ovellado, chuvia de contado.  

“Auga á matina, tarde tormentina”

Auga de febrero fai o palleiro.

Auga e pan, na barriga sopas fan.

Coruxa tardega, auga noitega.

Xiada enriba de mollado, chove de contado.


Despois de abril, a auga ven tras do tamboril.

A auga de regar, de abril ha quedar.

Se chove en San Xoán, tolle o viño e non da pan.

Lúa nova e treboada, trinta dás de mollada.


Cando o río soa, algún músico estase afogando.

Auga de maio, pan para todo o ano.

Se a candelaria chora , o inverno xa vai fora. 


Auga do ceo non quita o rego

A auga de regar, de abril ha quedar.

Se chove en San Sebastián, tolle o viño e non da pan.

Lúa nova e treboada, trinta dás de mollada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario