Outono

                  Celebramos como cada ano as nosas festas do outono. Este ano cos xa habituais cross e magosto pero tamén quixemos que a auga estivera presente. Por iso dentro dos xogos populares tres xiraban arredor da auga:
  • Regata debarcos de papel: primeiro cada participante facía un barco de papel. E logo soprando por unha palliña facían carreiras por unha pequena canle.
  • Apaño castañas: Nunha tina chea de auga bótanse castañas e os participantes deben pescalas con culleres... e... cos ollos tapados!



  • De pesca: Os participantes debían pescar os peixiños do fondo dunha bandexa enganchandoos polo clip que tiñan de boca.


    As zonas dos xogos estaban sinalizadas con  lucidos carteis. Para xogar organizamos varios equipos mezclando nenos e nenas de diferentes cursos. Cada alumno coloreou na súa aula o logo que lle tocou para despois agruparse no patio.



Máis premendo AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario