Proxecto Ríos

1ª saída ao Pego


Co obxectivo de observar e analizar un tramo do río Pego que discorre por detrás do noso centro, o alumnado de 5ºA sae do cole en compañía do noso director, Alfonso, e de Manuel Durruti ( pai dunha alumna do cole) que é un experto en botánica.

Que fixeron?

  • Anotar e atender ás explicacións do guía para identificar coa axuda das fichas de apoio algunhas especies vexetais.·  
  • Tomar datos técnicos do río como  o caudal e a velocidade da auga nun punto determinado do río.


 
Esta foi unha experiencia para preparalos nunha actividade de control e avaliación do estado da calidade do río nese tramo que se realizará no outono e primavera a partir de agora todos os anos.
Os datos obtidos formarán parte dun ficheiro e base de datos de ríos de toda Galicia dentro do PROXECTO RÍOS. 

 De camiño,  pola ribeira do río foron testemuñas dos primeiros momentos da vida dunha touriña.




Ningún comentario:

Publicar un comentario